• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Ulobit

período de residencia: 
setembro de 2011 ...
tipo de produción: 
experimentación sonora
Ulobit

Ulobit é un proxecto formado por Ariel Ninas (zanfoña), Horacio Gonzalez (video) e Xoan Xil (electrónica).

O trío formouse a partir da coicidencia no I Encontro Off Cultura de Cidade de membros de dous dos proxectos máis interesantes de antropoloxía musical e sonora do país: Escoitar.org e aCentral Folque. Ariel Ninas, de aCentral, ofrecera daquela un solo de zanfoña e Xoan e Horacio, de escoitar.org, presentaban o seu proxecto Hate Video. A partir deste momento solicitaron os recursos de Baleiro para producir xuntos unha experiencia sonora e visual que se puido disfrutar en lugares tan diferentes coma A Cidade da Cultura, O Matedero de Madrid, o Furancho de Arte Contemporánea (FAC Peregrina) ou, recentemente, o Museo Massó de Bueu, dentro do ciclo Espazos Sonoros. Ulobit basean a súa proposta na improvisación e na experimentación, na música incidental e nos ritmos minimalistas, mesturando tecnoloxías antigas (zanfoña), modernas (computadores, electrónica, vídeo, pedais de efectos) e de software libre, para deconstruír imaxes de arquivos revelados con banda sonora ao vivo abstracta e resoante. 

Web: www.ulobit.net