• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Nuria Sotelo, Marta Verde, Daniel Pais, Rubén Vilanova: Silencio, por favor

período de residencia: 
Artropocode 2013 (19-29 de agosto)
tipo de produción: 
Proposta transdiscplinar escénica/performática
Nuria Sotelo, Marta Verde, Daniel Pais, Rubén Vilanova: Silencio, por favor

Silencio por favor é un proxecto escénico/preformático no que están implicadas artistas de diferentes áreas:

Licenciada Sotelo, 23RedAnts, Marta Verde e Daniel Pais (ferramentas dixitais, multimedia e interactivas), Rubén Vilanova (asesoramento artístico e imaxe) Rebeca Baceiredo e Carlos Arenal (asesoramento conceptual)

O  proxecto comezou co encontro da bailarina galega Nuria Sotelo e Niet F-n,  italiano experimentador do sonido electrónico, no contexto do Alg-a lab. Posteriormente uniuse a cellista galega Macarena Montesinos, ámbolos dous componentes do dúo de improvisación 23RedAnts. Fíxose unha primeira mostra do traballo en porceso no marco do ALT procrea´13. Aquí desenvolveuse unha estructura de improvisación en base ao material de movemento e sonido explorado tanto no Alg-a lab en Valadares como en Grismediostudio en Ourense. As últimas incorporacións no equipo foron o coruñés Daniel Pais e a galega afincada en Madrid Marta Verde. Eles son a parte do equipo que se adica á concepción, desenvolvemento, programación e conceptualización tanto técnica coma conceptual de solucións dixitais, multimedia e interactivas para formar parte de acción escénica/performática.
O equipo ao completo tivo un primeiro encontro en maio no Verbum en Vigo.

O proxecto explora o son, o movemento e a interacción audiovisual  na búsqueda dunha linguaxe escénica propia que nos faga atravesar  con todo o organismo o ruido e o silencio nas súas diferentes manifestacións

“O teatro, que non está en nada, pero que se vale de tódalas linguaxes: xestos, sonidos, palabras, lume, berros, volta atopar o seu camiño no punto no que o espíritu, para manifestarse, sinte a necesidade dunha linguaxe.
A fixación dunha linguaxe: verbas escritas, música, luces, ruidos, indica a súa ruina a breve prazo, pois a elección dunha linguaxe revela certo gusto polos efectos especiais desa linguaxe; e o desecamento da linguaxe acompaña á súa desecación.”            A.Artaud