• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

María Roja + Berio Molina: Mapa de micropaisaxes de accións corporais

período de residencia: 
Artropocode 2013 (19-29 de agosto)
tipo de produción: 
paisaxe aumentada, tempo expandido
María Roja + Berio Molina: Mapa de micropaisaxes de accións corporais

Micromovementos a tempo real + paisaxe minúscula + cartografía de puntos de acción do corpo +paisaxe aumentada + tempo expandido + landscape tracking

Descrición:

A proposta parte dun interese en crear unha colección de paisaxes do corpo, sometido este a unha acción non intencional propia ou allea, grazas aos micromovementos ou microeventos producidos a raíz de tal feito. Trátase dun estudo do minúsculo, dun achegamento ao fenómeno dende unha estética contemplativa, coa fin de rescatar aqueles trazos significativos de diversos fragmentos do corpo, para que a través da posterior creación dunha sutil estrutura, ese fenómeno se faga visible, se expanda e manifeste a súa capacidade sedutora.

Proceso:

As partes que compoñerán este proceso cartográfico serán:

1. Exploración do material corporal a través dunha observación contemplativa.

2. Identificación e selección dos elementos significativos resultantes na fase anterior.

3. Construción dunha estrutura de interacción para expandir eses elementos.

4. Creación das micropaisaxes.

Referentes:

- Laurent Saksik, Série B, 2007: Nesta peza é quizais onde mellor queda ilustrada a idea de redimensionar e expandir fragmentos de micro accións corporais. Unha cámara estática recolle un fragmento dun corpo aparentemente estático, para mostrar unha temporalidade e interacción aumentada.

- Marijke Van Warmerdam, Het Grote Geheugen (A gran memoria), 2008: Nesta proxección tan só se dá o movemento do ollo dun elefante que se abre e se pecha. A envergadura do corpo do animal é obviada en favor dun detalle da súa anatomía e do repetitivo cambio de posición do mesmo. Exemplo dun dos puntos de acción que poderían formar parte dese mapa: O movemento do órgano visual.

- Pina Bausch, Die Klage der Kaiserin (O lamento da emperatriz), 1990: Nesta peza de videodanza sucédense micro accións sen intencionalidade aparente nos que por momentos o corpo se torna material manipulable e/ou superficie moldeable, agudizando a recepción do mesmo baixo formas distantes do habitual.

- Librería OpenCV: Exemplo de técnicas que poden ser empregadas para interactuar co corpo.