Ponlle nome

O proxecto Ponlle nome desenvolveuse entre finais do 2008 e comezos do 2009 na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. O espazo, que habitualmente se emprega como sala de exposicións, mudou durante unha temporada cara obradoiro en constante cambio: unha oficina de recepción e produción de propostas críticas co ámbito cultural cercano.

Esta iniciativa quere formular unha alternativa aos formatos expositivos e pedagóxicos tradicionais a través da participación directa do público. A intervención consiste na articulación dun espazo de debate aberto, que invita a reflexionar sobre o protagonismo dos públicos na arte actual e a importancia da súa participación nas políticas culturais. Durante 17 días, a intervención estará aberta ao público en horario de exposición e será o lugar de debates contínuos propostos polos coordinadores. Os obradoiros artellaranse sobre o concepto das redes sociais e o seu influxo na cultura contemporánea. Neles daremos a coñecer diversos xeitos de entender a creación colectiva dende unha perspectiva educativa, pero tamén plantexaremos de xeito práctico as implicacións sociais e políticas que estas conlevan á hora de construír espazos de cidadanía crítica. Durante o desenvolvemento do debate o espazo articulará visualmente as propostas dos participantes e as dos visitantes ocasionais, tecendo así unha trama que permita estudiar algunhas das moitas cuestións que se lle plantexan á cultura dende os sectores involucrados. Esta acción presenta deste xeito unha doble lectura da formación: a dos públicos como produtores activos de cultura, e a dos profesionais, aprendendo a formular proxectos socialmente significativos.

Ponlle nome é unha proposta de participación en torno ás artes contemporáneas e o papel destas como mediadoras entre cultura e cidadanía. Na meirande parte de casos que traballan coa pedagoxía na arte contemporánea, xa sexa a través de programacións estables ou de proxectos puntuais, atopámonos con que a cuestión cultural da que é obxeto a mediación provén polo xeral dos ámbitos técnicos e oficiais, isto é, experiméntase e ensínase a arte e a cultura que é seleccionada polos departamentos pertinentes para ser exposta, presentada ante o público. Ponlle nome pretende invertir este fluxo habitual nas institucións que xestionan o coñecemento, facendo da participación crítica a fonte de recursos e información para plantear proxectos culturais que sexan significativamente operativos para a cidadanía, sen por iso perder a multiplicidade de lecturas que dende diferentes ámbitos poden facerse da arte contemporánea.

Trátase de ofrecer unha alternativa experimental ós métodos que traballan por unha percepción aberta e participativa da arte contemporánea. En lugar de adaptar os contidos de determinado proxecto cultural (sexa unha exposición, un concerto, unhas xornadas, etc.) ás necesidades de cada grupo ou colectivo co se está traballlando, Ponlle nome pretende ser unha pequena célula instalada no seo das institucións que programan cultura para que de este xeito poidan obter un coñecemento máis significativo dos temas, artistas ou propostas que poden funcionar dunha maneira crítica nun contexto determinado. Dar voz ós protagonistas da cultura, non só os seus catalizadores-propietarios senón tamén aos públicos.E este intersticio para a experiencia non retórica e non protexida, só ten sentido se é proxectado e xerado in situ, vivido no seu íntimo proceso de creación. De aí a importancia que queremos salientar á hora traballar coas singularidades que cada participante achega para un coñecemento significativo do colectivo e do social, para poñerlle nome a un algo máis na cultura de logotipos que vivimos. As preocupacións concretas, as experiencias individuais vividas na súa inmensa heteroxenia son o capital con que contan as artes contemporáneas para incorporar relatos non previstos, e polo tanto aínda experimentables na súa frescura e dinamismo. Devandito relato cidadá non pode ser previsto de ningunha maneira, pois tan solo é cognoscible no momento preciso da súa enunciación e experimentación. Neste sentido, é pura produción inmaterial, xeración de coñecemento inestable e volátil que configura cultura viva. Este proxecto pretende incidir nos aspectos relacionais desa produción inmaterial, porque so dende posturas abertas e construtivas poderemos plantexar proxectos de mediación que impliquen significativamente ós actores pertinentes; semella necesario escoitar a pregunta antes de aventurar respostas.

Ponlle nome. Unha proposta de participación crítica é un proxecto coordinado por Daniel López Abel e Víctor E. Pérez.  Coa colaboración de Jacobo Bugarín, Jesús Madriñán, Íñigo Mouzo, Alejandro Pose, Nicolás del Río, Ismael Teira e Víctor Ulla. Tivo lugar do 18 de decembro de 2008 ao 5 de febreiro de 2009 na Igrexa da Universidade, Santiago de Compostela.

Descargar o díptico en pdf

216 229 230 345 O dispositivo de traballo colectivo346 347

 

462 Vista xeral. Jacobo Bugarín e Jesús Madriñán463 465 Jesús Madriñán467 469 468

470 Jacobo Bugarín471

474

475 473 472 476 Alejandro Pose477 478 Ismael Teira479 480 Íñigo Mouzo481