strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Puntos e comas

Os diferentes graos de escritura que se acumulan nos muros, especialmente nun contexto eminentemente universitario como é o de Santiago de Compostela, son o reflexo dunha epidermes urbana en constante movemento, en constante reubicación de conceptos como propiedade ou autoría, que hoxe móstransenos non operativos fronte á urxencia do camiñante. Esta aparente perda de información no espazo público visible xera á vez novos espazos en branco, susceptíbeis de seren reapropiados de novo e así, sucesivamente. Este comportamento circular determina coordenadas de localización e duración non estables, convertendo  ao muro xenérico das nosas cidades en soporte de configuracións cambiantes, solapamentos de significacións que lonxe de interromper ou esgotar este mecanismo de expresión espontáneo, renóvano constantemente. Polo tanto, seméllanos pertinente experimentar e participar das posibilidades dunha cultura urbana espontánea dentro dos límites da legalidade (dentro dun paréntese de algúns dos límites da legalidade), pero sen perder por iso o contexto especificamente efémero e público que a define.