O proxecto Ponllenome_ desenvolveuse entre finais do 2008 e comezos do 2009 na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. O espazo, que habitualmente se emprega como sala de exposicións, mudou durante unha temporada cara obradoiro en constante cambio: unha oficina de recepción e produción de propostas críticas co ámbito cultural cercano.
Esta web serve de arquivo do proxecto, que tivo a súa continuidade, en moitos aspectos, no proxecto
Baleiro, un espazo experimental que quere servir de canle de produción e xestión de diferentes iniciativas culturais, tamén en Compostela.