Conectividade, globalización, rede horizontal, acceso universal, interactividade, 2.0, bla, bla, bla …

A día de hoxe, as institucións culturais seguen a ser os grandes catalizadores da visibilidade artística no medio social. Nun punto no que os estudos científicos e tecnolóxicos capitalizan o protagonismo pragmático do coñecemento, a cultura na súa acepción máis retrógradamente humanística atopa o seu lugar diante dos contínuos envites da turistización (“Visite Galicia en 10 minutos”, lín o outro día nun cartaz da exposición Galicia Dixital, aquí en Compostela). O sistema artístico confía demasiado nas súas prioridades, métodos e estruturas á hora de facer comunidade, mais ben funciona como un engraxado mecanismo de distribución cultural. O que queda para a cultura do plural e a súa aprendizaxe é xestionado dende centros de significancia onde as novas posibilidades de comunicación sempre preexisten ao indivíduo (esa é a problemática no noso proxecto), exercendo dese xeito unha especulación negativa sobre as relacións sociais.

As estruturas tradicionais das relacións humanas lexitimáronse ao longo da historia mediante permisos e chaves de acceso, conceptos basados na legalidade liberal do contacto social. Estas convencións da transmisión vertical de coñecemento modificaron a súa propia naturaleza mediante os novos xeitos de conectividade, nunha apabullante fagotización da existencia e das relacións humanas. Internet indícanos cómo a rede horizontal é soporte e método da nova lóxica capitalista. Buscamos, desesperadamente, a conexión do noso eu-privado con outros puntos de anclaxe subxetiva; a participación nunha intelixencia colectiva banalizada atráenos coma un surtidor de información e experiencias coas que ser mais competitivos. As relacións sociais atópanse no punto en que son capaces de configurar sentido empresarial e á vez, as corporacións definen as relacións humanas como obxecto de mercado. Hoxe, o confrontamento do universo social e o proceso creativo é un negocio rentable. Neste contexto global, o papel dos procesos artísticos en relación á produción de relacións ciudadáns críticas redefínese de xeito crucial. Os conceptos de colectividade, participación en rede e esfera do procomún poden e deben ser explorados como ferramentas de liberación frente á cultura da especulación e do aburrimento comunicacional.

Existen infinidade de sistemas en rede. O estudio destos fenómenos relacionais foi afrontado dende posicións experimentais e sociais como as matemáticas e a física, a socioloxía ou a antropoloxía. Ademáis, por suposto, de toda a imaxinería literario-artística en torno ao tema. Dende o S. XVIII que o home intenta cristalizar coñecemento sobre estos sistemas de individuais que se vinculan colectivamente por medio dunha acción, xa que as súas aplicacións e influencias no mundo contemporáneo son inabarcábeis. Tras múltiples experimentos e teorías, a ciencia das redes está lonxe de ofrecer respostas sólidas ás preguntas que se lle plantexan. Probábelmente, debido á natureza do obxecto de estudo, xa que se algo define a unha rede, é a súa natureza dinámica. Independentemente do tipo de relacións que se den dentro dela, o que as convirte nun obxecto de coñecemento tan complexo e á vez tan expandido na nosa sociedade é o xeito en que unha realidade individual modifica o todo e viceversa. Unha rede é unha realidade en movemento que se redefine constantemente polas relacións que a fan existir.

Nunha rede ou sistema de redes complexa, os nodos que a forman defínense pola condición do libre acceso a un espacio de relación onde a pertinencia da estabilidade queda por completo excluída. Deste xeito, a accesibilidade e o funcionamiento da rede non depende da posesión das chaves de acceso ou do grao de comparecencia dos usuarios, senón da vontade recíproca de colaboración que se instaura de xeito puntual e non previsto. Este principio de libre vontade e autonomía do indivíduo é o que máis nos interesa á hora de aplicar condicións de intercambio ao noso propósito. Descentrar o centro. Uso e abuso do centro.


One Response to “Cuarta anotación”  

  1. 1 Miguel Prado

    Hola a todos, lo primero quiero dispulparme con los galego-falantes, dando que si mi gramática es bastante terrible en castellano, no digamos en galego.
    Quiero mostrar mi entusiasmo por participar en este proyecto y puntualizar con un par de ideas que me han surgido tras leer las anotaciones.

    Creo que en todo el proyecto está presente la fuerza y consecuencias que trae enunciados como este:
    “Ponlle nome tiña que xirar sobre o constante estado de dúbida que é a capacidade de cuestionar a función da (futura) profesión” que nos dirigen de forma consicente o no a los “Medios sin fin” de los que hablaba Giorgio Agamben.
    Creo que es importante observar como en este tipo de propuestas críticas suelen terminar en un perverso uróboros, que no es que se resuma señale ciertos puntos críticos, sino que volvemos al punto de absorción de la actitud contestataria por parte del capitalismo, como un fetiche mas de consumo.
    Como Agamben dice: “Cuando intentes hablar, recuerda que no puedes servirte de algunas palabras gratas al oído: libertad, progreso, Estado de derecho, democracia, derechos del hombre… Tendrás que describir lo intolerable sin tener nada para salir de ello. Permanecer fiel a ese inexplicable silencio. A su insoportabilidad sólo te será dado responder con medios inmanentes a ella”, o como me comentaba un amigo en una conversación sobre los músicos de improvisación electro-acústica: “que hay de innovador, de transgresor, de revolucionario, en un puñado de tipos blancos de mediana edad haciendo sus pequeños ruiditos?” esto creo que se puede extrapolar a cualquier tipo de disciplia artística. Lo realmente interesante considero en mi opinión que es : hasta que punto puede afectar a otros aspectos de la sociedad? hasta donde estamos estamos dispuestos a integrar en nuestra vida diaria ciertas actitudes artísticas.

    Creo que hay que encontrar ciertos puntos que son definitivos para poder estar en proceso de encontrar “medios”, si encontramos que “Hoxe, o confrontamento do universo social e o proceso creativo é un negocio rentable” nos damos cuenta de que la gran mayoría de las propuestas artísticas son asimiladas por el sistema con una facilidad increible, como en los grandes años de la izquierda mundial se crean pequeñas sectas, autocomplacientes con sus actos, que dentro de la “vanguardia” (ojo con esta palabra) crean nuevas ortodoxias, responden a los intereses de las entidades que las financian y dan un producto terminado y facil de asimilar por el consumidor capitalista (es decir: Todos), creamos y crean conductas, rutinas y rituales a la hora de ir a un museo, a un concierto a una performance.. todo esto sucede porque en la gran mayoría de los casos el motor de esas actividades no funciona fuera de la vida “artística”.

    Me gustaría también que se pudiese debatir sobre si todo lo que aquí leemos es cierto o puede tener una praxis:
    “O educador en arte non é alleo a este proceso. É un apropiacionista sen escrúpulos que forza diferentes xeitos de relación coa obra. É un axitador de públicos, un activista da participación e un deconstrutor de pontes. O seu traballo consiste en facer aristas na planitude, manter a duda onde hai risco de certeza e combatir o consenso coa axuda da diferencia. O educador en arte, mais que abrir camiños para os que veñen, ten que obstaculizar intelixentemente os que xa foron transitados nalgún momento.”

    En el mundo que yo veo, la gran mayoría de los educadores en arte, artistas y demás piezas de este juego, pagan Canon, Derechos de Autor y bajan la cabeza siempre que estén bajo la financiación de una institución pública u organismo privado, revisan con celo sus actos y las consecuencias de estos, no nos engañemos: la libertad artística y de acción directa tiene unos límites muy bien marcados por ciertas leyes, que a la hora de la verdad muy pocos se atreven a romper si saben con certeza que a posteriori la espada de Damocles pendula sobre su cuello, reputación o honorarios, que todos sabemos de donde vienen y porqué pueden peligrar. Cuantos artistas están dispuestos a prescindir de sus derechos de autor para lograr (como dice Mattin parafraseando a W. Benjamin): “Una cultura desnuda de aplicaciones prácticas y destructora de derecho. Una cultura que no se pueda definir en términos de la propiedad intelectual, porque es intrínsecamente colectiva. Una cultura que constantemente esta destrozando cualquier noción individualista. Una cultura trituradora de egos, unos egos que nunca pueden recomponerse para volver a estar solos”

    Precisamos de una “Praxis sin construir”, de mover las piezas hasta un punto de no retorno de confrontación por todas las partes, de abrir una brecha de la que brote un deseo visceral de la sociedad por el acceso a la libertad (como ahora está ocurriendo en Grecia)

    “La industria cultural tiene la tendencia a transformarse en un conjunto de protocolos y justamente por ello en irrefutable profeta de lo existente. Entre los escollos de la falsa noticia individualizable y de la verdad manifiesta la industria cultural se mueve con habilidad repitiendo el fenómeno tal cual, oponiendo su opacidad al conocimiento y erigiendo como ideal el fenómeno mismo en su continuidad omnipresente”

    Max Horkheimer & Theodor Adorno
    Dialéctica del Iluminismo

Leave a Reply



O proxecto Ponllenome_ desenvolveuse entre finais do 2008 e comezos do 2009 na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. O espazo, que habitualmente se emprega como sala de exposicións, mudou durante unha temporada cara obradoiro en constante cambio: unha oficina de recepción e produción de propostas críticas co ámbito cultural cercano. Esta web serve de arquivo do proxecto, que tivo a súa continuidade, en moitos aspectos, no proxecto Baleiro, un espazo experimental que quere servir de canle de produción e xestión de diferentes iniciativas culturais, tamén en Compostela.