A idea parte da convocatoria ao I Congreso Internacional Lugares de Cultura, que se celebrará do 21 ao 24 de Xaneiro en Compostela. Caeu unas nosas máns unha pequeno programa onde se nos presenta este congreso enchido de nomes importantes e boas intencións para coa Cidade da Cultura de Galicia. Neste proceso de dotar de significado e lexitimidade a unha das políticas culturais máis absurdas que coñecemos, os debates do obradoiro foron virando cara a posibilidade de participar/interferir nesta xuntaza de xeito crítico e construtivo.

O noso punto de partida é producir unha edición paralela que imite as formas externas da oficial, (ao xeito dun fake), e sustituír os contidos do interior por unha colección de microrrelatos que pasan desapercibidos ás grandes estruturas culturais. Gustaríanos convidarvos a elaborar conxuntamente esta revista do que nos queda agochado ou do que non é catalogábel como creación cultural, pero que sen dúbida algunha está presente nas nosas vidas cotiás e nos define como sociedade. Fronte aos grandes centros de exhibición e consumo da cultura, propoñemos fabricar unha antítese, un pequeno documento onde poidamos mostrar unha Galicia na que non existen lugares de cultura, senón mais ben cultura dos lugares.

A proposta consiste en documentar unha acción que se desenvolva na sociedade e conteña o contrauso ou apropiación dun contido cultural dos que pasan desapercibidos para os equipamentos oficiais. Un exemplo o atopamos na estación de ferrocarril de San Cristóbal, en A Coruña. Especialmente nas fins de semana, un grande número de persoas maiores danse cita para falar e pasear nos andéns da estación. O espazo está ao aire libre (aínda que cuberto da choiva) e o piso, como ten baldosa e é chá, resulta apropiado para quen ten problemas de movilidade. Por outra banda, o constante fluxo de viaxeiros que chegan e marchan semella un tema de conversación inagotábel e co que podes pasar unha tarde de domingo distraída cos amigos.
Este é un brevísimo exemplo de apropiación ou contrauso, xa que se produce unha nova significación cultural (espazo de reunión e paseo) partindo dun significado e funcións predeterminadas (terminal de transportes).

Para documentar as vosas propostas poderedes empregar calquera material: textos, entrevistas, imaxes, pezas visuais ou debuxos, noticias aparecidas na prensa, o que queirades… Podedes envíalo por correo-e á nosa dirección info@baleiro.org ou ben traelo ao espazo da intervención.


No Responses to “Taboleiro: No que estamos a traballar…”  

  1. No Comments

Leave a Reply



O proxecto Ponllenome_ desenvolveuse entre finais do 2008 e comezos do 2009 na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. O espazo, que habitualmente se emprega como sala de exposicións, mudou durante unha temporada cara obradoiro en constante cambio: unha oficina de recepción e produción de propostas críticas co ámbito cultural cercano. Esta web serve de arquivo do proxecto, que tivo a súa continuidade, en moitos aspectos, no proxecto Baleiro, un espazo experimental que quere servir de canle de produción e xestión de diferentes iniciativas culturais, tamén en Compostela.