Archive for the 'Uncategorized' Category

A Vicerreitoría de Cultura da USC decide prolongar o proxecto Ponlle Nome, instalado na Igrexa da Universidade dende o 16 de decembro do 2008. Esta proposta,  pensada a medio camiño entre o obradoiro de debates e a exposición de arte contemporánea, comeza unha nova andaina tras clausurar a súa primeira etapa. Os debates e as [...]

Comezamos

13Dec08

O vindeiro Martes 16 ás 19:00 arrinca a intervención na Igrexa da Universidade. Presentaremos o proxecto e falaremos do desenvolvemento do obradoiro. Recordámosvos que a participación é aberta e podedes pasar polo espazo cando queirades. Aberto de Martes a Venres de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:30h. [...]


O proxecto Ponllenome_ desenvolveuse entre finais do 2008 e comezos do 2009 na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. O espazo, que habitualmente se emprega como sala de exposicións, mudou durante unha temporada cara obradoiro en constante cambio: unha oficina de recepción e produción de propostas críticas co ámbito cultural cercano. Esta web serve de arquivo do proxecto, que tivo a súa continuidade, en moitos aspectos, no proxecto Baleiro, un espazo experimental que quere servir de canle de produción e xestión de diferentes iniciativas culturais, tamén en Compostela.