• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Synusia

Synusia é un proxecto editorial cuxa intención é crear unha plataforma literaria de debate sobre cultura contemporánea. A experimentación en cada número con diferentes formatos de edición e difusión. Synusia pretende crear un medio escrito bimensual, económico e, tras o seu uso, reciclable como escultura conceptual. A crítica, entendida como a capacidade de analizar e valorar unha situación, é o medio de que dispomos para resistir ou ceder por vontade propia. Este espazo non é o fin, só un medio para a realización dun proxecto en concreto: un lugar descoñecido onde suceden cousas impronunciables. Desde este medio queremos convidarvos a enviarnos as vosas propostas e colaboracións, tanto orixinais como de textos xa publicados con posibilidades de difusión. Aceptaranse iniciativas tanto si son gráficas como audiovisuais que incidan na experimentación, xa sexa en canto a contidos, edición, ou no formato de difusión.

Neste primeiro número colaboraron María Lareu no deseño e Baleiro na produción e nel propoñemos unha análise sobre diversas problemáticas e propostas de Maio do 68 e a súa vinculación con circunstancias dos nosos días, que non nos son alleas. De feito, ¿Qué é o que tanto cambiou? Fronte á visión esteticista do pasado, aquel no que eramos mozos e revolucionarios, o de aquelas praias ocultas baixo a cidade, faise precisa a activación dun debate que, en ocasións, semella que tivo sentido unicamente naquel momento. Certas propostas quedaron ancoradas naquelas circunstancias ¡e coidado con mencionalas! Para nós, a historia non é unha pintura que gardar nun museo para ilustración dos ignorantes e deleite dos iniciados. A análise do noso pasado, futuro e presente debe estar en mans daqueles a quen compete, isto é, a cidadanía. Esta é a razón de ser de Synusia, unha publicación cunha liña editorial baseada na difusión de contido con libre cesión de dereitos e a liberdade de opinión dos seus colaboradores. Synusia é un proxecto de Adrián Hiebra e Antonio Díaz Correa.

Sous la plage, tout est pladour
Luther Blissett.

304

305

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Descargar Synusia en pdf.