• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

A situación dos medios escritos en galego

O vindeiro martes 22 de marzo ás 18:00 Baleiro acolle a mesa redonda A situación dos medios escritos en galego. Análise e perspectivas, organizada polo Centro de Estudios y Análisis Social de Galicia coa participación do Prof. Dr. Luís Álvarez Pousa, Manuel Rivas García, o Prof. Dr. Juan Luís Pintos de Cea-Naharro e o Dr. Juan R. Coca. Agardamos a vosa presenza.

Prof. Dr. Luís Álvarez Pousa é Profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. É un dos estudosos da comunicación máis relevantes de Galicia. Fundador da revista Teima e da revista Tempos Novos, unha das publicacións crítico-divulgativas máis importantes do país que dirixe actualmente. É asimesmo membro do consello asesor do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), e membro dos consellos de redacción das revistas Tempo Exterior, Criterios e Sociología y Tecnociencia. Ten escrito numerosos libros e artigos académicos.

Manuel Rivas García é filósofo e teólogo. É un dos principais promotores do pensamento filosófico en Galicia, xa que ten coordinado diversas obras e a colección de pensamento da Editorial Baía. Subdirixe a revista Roteiros e ten colaborado en diversas publicacións galegas como Guía dos libros novos, Revista do ensino, entre outras, así como en medios escritos, especialmente en El Correo Gallego.

Prof. Dr. Juan Luís Pintos de Cea-Naharro é Profesor Emérito de Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. É un dos maiores expertos na teoría dos imaxinarios sociais, onde ten alcanzado relevancia internacional. Así mesmo é unha figura destacada no eido da socioloxía da comunicación. Co-director da revista Imagonautas e subdirector da Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas. Ten publicado en diversas revistas nacionais e internacionais.

Dr. Juan R. Coca é director do CEASGA, membro do Consello da Cultura Galega, director da revista Sociología y Tecnociencia, co-director da revista Hermes Analógica, editor asociado en España da revista Bitácora-e (Arxentina), membro do equipo editorial e de redacción das revistas Dovela Clave, Imagonautas e Roteiros, membro do consello asesor da revista Tendencias21 entre outras. Ten publicado artigos académicos en publicacións nacionais e internacionais.

389 Rivas García, Álvarez Pousa e Pintos de Cea-Naharro