• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Que é Baleiro

Baleiro somos un colectivo de persoas interesadas en facer cultura dun xeito aberto e participativo. O noso centro de operacións está situado na cidade de Santiago de Compostela, onde contamos cun pequeno espazo para traballar, organizar charlas, concertos e calquera actividade que polas súas características non teña cabida noutros lugares da cidade. Concebímolo como un nodo que aglutina, propón e realiza actividades relacionadas coas artes visuais e a música. No tocante ao modo de traballo, Baleiro é sobre todo unha estrutura flexible que muda co tempo e as necesidades de cada persoa. O noso obxectivo non é tanto a plasmación de determinados contidos como a apertura de diferentes vías de creación e difusión. O medio é o fin: establecer un clima propicio para o debate e o intercambio, sen máis condicionantes que o compromiso de facer as cousas por nós mesmos.

Baleiro non conta cunha liña específica de produción de proxectos, nin tampouco con vencellamentos temáticos ou editoriais. O noso xeito de traballar baséase nas circunstancias concretas do momento. Polo tanto, non existe programación nin proxectos máis aló dos que eventualmente decidamos levar a cabo os usuarios. Aínda así, e debido á continuidade dalgúns de nós neste proxecto, podemos falar dun espírito compartido que entende o traballo en arte como unha actividade responsable con respecto á comunidade á que nos diriximos. Isto é, crear para nós mesmos e para as persoas que nos son máis próximas, sendo conscientes de que avaliar cuantitativamente a visibilidade, a rendibilidade ou o éxito dos proxectos non forma parte dos nosos obxectivos. Posto que a cultura tamén necesita de ser unha actividade eco-lóxica e sostible, en oposición ás nocións de crecemento ou desenvolvemento cultural propoñemos o decrecemento e a baixa intensidade como tácticas á hora de proxectar, financiar e comunicar. Nos apartados en activo e arquivado podedes consultar os proxectos que realizamos desde Baleiro.

372

366 368

374 373 375

367 369 370