• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Prólogo

Por Baleiro

Temos que confesar que cando comezamos a deseñar as liñas do que chamamos a convocatoria de proxectos ZONA, tiñamos na mente ese tipo de intervencións no espazo público que só teñen cabida nun contexto urbano. O texto introdutorio do que eran as bases para unha convocatoria de produción artística que nunca se chegou a lanzar dicía así:

“A cidade contemporánea é cada vez máis un territorio social inestable: faise imposible coñecer o espazo que ocupa, ata ónde chegan os seus mecanismos e en qué momento estes se activan ou desactivan; é imposible saber a quen pertence esta cidade ou quen pertence a ela. O dinamismo e fluidez dos seus límites son causa e efecto dun modelo urbano que está a medrar en complexidade e que debe ser sometido a unha reflexión continua. Os parámetros non-lugar, non-tempo e non-autor, que configuran as bases desta convocatoria pública, pretenden subordinar a produción simbólica e de coñecemento ás características do medio do que xurde e no que se desenvolve: un contexto máis ou menos urbano pero en todo caso definido pola vacilación; un territorio feito de ámbitos que permiten a un tempo o anonimato e a publicidade, a presenza e a ausencia, a propiedade pública e a libre apropiación individual. Todo produto, conceptual ou material, xerado por ZONA haberá de converterse nunha ferramenta susceptible de ser empregada, apropiada ou modificada por calquera grupo ou individuo, en calquera momento e en calquera lugar.”

Non sabemos cando, guiados por esa costume nosa de pasarmos desapercibidos, pensamos que este proxecto de Ismael Teira encaixaba dentro deses parámetros, e que a pesar de non haber convocatoria pública, a idea tiña forza de máis como para desafiar os límites do público nos que pensabamos. Así é que este libro, o proxecto na súa totalidade, e incluso, por apropiacionismo, todos eses atallos ou camiños de desexo de Compostela, enmárcanse nunha liña de produción que desde Baleiro chamaremos, ou seguiremos chamando, ZONA.

Temos comprobado que hai polo menos cinco discotecas en Galiza que levan no seu nome o termo zona, e tamén unha coñecida sala de exposicións do Concello de Santiago. Está garantido, daquela, o de pasarmos desapercibidos.

415 Portada de "Compostela: Camiños de desexo"