• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Murayama/Prado

Murayama/Prado

Co gallo da presentación do obradoiro Dialéctica da improvisación, o 30 de Maio de 2009 tivemos en Baleiro un doble concerto a cargo de Seijiro Murayama e Miguel Prado. Esta foi a nosa primeira colaboración coa Asociación Fase, na que organizamos este doble concerto do percusionista e compositor xaponés Seijiro Murayama e o músico coruñés Miguel Prado, e no que tamén presentamos Dialéctica da improvisación: un obradoiro dirixido a todas aquelas persoas que independentemente dos seus coñecementos musicais, estean interesadas en compartir experiencias creativas en torno aos sons máis arriscados.

Podemos comezar a rastrexar a actividade creativa de Murayama nos primeiros anos oitenta, no momento en que New York daba o pulso da improvisación contemporánea e os artistas comezaban a intoxicar a afiada modernidade do jazz dos setenta con música concreta, pop, no-wave, banda sonora, ruido e mesmo estruturas neoclásicas. O Lower Manhatthan que mudaba de década foi o lugar dos sen-lugar, dos que rexeitaban acollerse ao estatus “artístico-alternativo” da escea do SoHo, dos que en palabras de Thurston Moore e Byron Coley quedaran atrapados na “caixa de lixo do demo que era o New York (East Village) post-Suicide e pre-Sonic Youth.”“…era o desperdicio de Taxi Driver, Times Square, Son of Sam (David Richard Berkowitz, asesino en serie que aterrorizou á cidade de New York entre 1976 e 1977 e tema da película de 1999 dirixida por Spike Lee, Summer of Sam), os conflitos durante o apagón de 1977, a abundante corrupción política, o avance da pobreza, a desilusión do Verán do Amor, Charles Manson, o inferno da Guerra de Vietnam, e a desesperada necesidade de rebelarse violentamente contra a complacencia dunha nación zombi aturdida polas telecomedias (sitcoms) e a música disco.”

Foron músicos como Fred Firth, John Zorn, Arto Lindsay, Ikue Mori ou Keiji Haino -Fushitsusha, onde colaborou Murayama como percusionista a partir de 1982- os que respiraron este NY subterráneo e malsán que subverteu unha vez máis o concepto de forma musical, e propiciou a colisión de xéneros e sonoridades sen ningún tipo de prexuízos. A este respecto, é de salientar cómo a incorporación e mestura de novos elementos no traballo destes músicos produciuse en claves de extremismo e catarse que se repiten ao longo das súas traxectorias. A fusión, entendida en termos estritamente musicais, deixou paso ao emprego convulso dos corpos sobre os materiais. Moitas das actitudes apropiacionistas dese momento contaron cun carácter explícito e violento que recuperaba a radicalización da improvisación, esa na que o xesto performático nunca é autocomplaciente e moito menos narrativo. Do mesmo xeito, os múltiples achegamentos a outros ámbitos creativos por parte desta xeración de renovadores nados na primeira metade dos cincuenta estiveron igualmente condicionados por ese carácter underground. Sen tomar prisioneiros, non dubidaron á hora de deconstruír a vangarda culta do S. XX (Arnold Schönberg, Anton Webern, Pierre Schaeffer, John Cage, Iannis Xenakis) con doses de punk e desarraigo. Noutro lado do Atlántico, máis fillos tamén bastardos dos medios de comunicación de masas e da sociedade post-industrial (Diamanda Galás, Throbbing Gristle, The Ex, Einstürzende Neubauten) coadxuvaban a acelerar un proceso de carácter ecléctico e global.

Tras volver dos EE.UU, Murayama formou en Tokio con KK Null (Kazuyuki Kishino) a banda Absolut Null Punkt. KK foi un dos persoeiros destacados da música experimental nipona daquel momento, e aínda que ben recoñecido como guitarrista improvisador, dende o comezo da súa carreira rexeitou cadrar en calquera etiqueta. Este afán por derrubar disciplinas a través da improvisación levoulle a estudar Butoh na Body Wather Farm, a granxa comunitaria onde Min Tanaka ensinaba dita “danza cara a oscuridade” surxida no Xapón de posguerra, e onde tamén coñeceu e colaborou con outro dos grandes nomes da experimentación nipona: Merzbow (Masami Akita). Cunha pulsión activista algo máis relacionada co hardcore non straight-edge, KK autoeditou a súa música e compilou materiais externos dende o seu propio selo, Nux Organization. Ao igual que Akita, a súa labor extendeuse máis aló do sonoro, editando libros e revistas sobre comportamentos de vangarda, performance, bondage ou veganismo que prepararon o terreo para a explosión mediática do underground nipón a comezos dos anos noventa (Hanatarash, Boredoms, Massonna). Tras a efervescencia do periodo anterior, a actividade de Murayama nesa década tan só deixou dúas referencias discográficas e algunha colaboración aislada. Pola contra, parece reaparecer con forza tras instalarse en Paris en 1999, onde ademais traballar en solitario volveu a colaborar cunha amplísima gama de artistas, entre eles os músicos Jean-Luc Guionnet (saxo alto), Jerome Noetinger (electroacústica), Eric Cordier (artista sonoro), o filósofo Jean-Luc Nancy ou a coreógrafa Catherine Diverres. Na década do 2000 foron abundantes as súas composicións para performances e obras teatrais, ademáis dunha estreita colaboración co Grupo de Danza Contemporánea de París.

Algunhas ligazóns:

Dúas pezas de vídeo realizadas para o disco Nuit, de Eric Cordier e Seijiro Murayama.

Noise annoys, un artículo de Frieze sobre a escea noise nipona.

Butoh in the late 80´s, un artículo sobre a danza butoh nos anos oitenta.

Seijiro Murayama e Miguel Prado Seijiro Murayama e Miguel Prado Seijiro Murayama e Miguel Prado Seijiro Murayama e Miguel Prado Seijiro Murayama e Miguel Prado