• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

MDMME

Ignacio Muñoz compaxina a súa actividade performática (concertos de electrónica e piano en tempo real) con varias liñas de investigación relacionadas co son, o espazo público e o territorio. É un membro moi activo da escena experimental sonora galega e forma parte da comunidade de arte e acción libre Alg-a, a Orquestra de Música Espontánea OMEGA ou o proxecto pedagóxico Orquestra 3xploratoria, entre outros. O seu proxecto persoal MDMME (Mechanical Digital Machine Manufactured for Exploration) acaba de editar con Non Ou Edicións ou seu último poemario sonoro, Licenciado en Humano. Unha mistura de textos e composicións para piano coa que amosa un universo sonoro fortemente influído pola súa experiencia no mundo da electrónica. Nel emprega todo tipo de artefactos reciclados (xoguetes, ventiladores, moedas, pinzas, plásticos, tubos) para tirar proveito do inmenso potencial sonoro e tecnolóxico do piano, ao que tamén achega interesantes elementos escenográficos e visuais. O seu xeito de compoñer e improvisar inspírase en procesos algorítmicos e aleatorios propios da síntese xenerativa dixital, abordados aquí desde un punto de vista analóxico ou acústico. O ser humano imita á máquina.

O concerto de MDMME terá lugar o vindeiro xoves 14 de abril ás 20:30 na Aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia da USC. Coa colaboración da Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC e o Decanato da Facultade.

393 397

395

396

398

399

400 401

392