• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Laboratorio Hermético de Performance

A través da canle directa da Universidade de Santiago de Compostela (http://tv.usc.es/directo) temos o pracer de convidarvos á retransmisión do Laboratorio Hermético de Performance, que acontecerá durante os días 22, 23 e 24 de febreiro en horario de mañá de 11:00 a 14:00 horas ininterrumpidamente. Conéctadevos a internet ese día, nesa canle e nesas horas, para seguir telematicamente a investigación.

 

Esquizoanálise Tarot é unha cámara branca de revelados que muta os arquetipos do inconsciente en pautas de acción e mecanismos interactivos. É un espazo escénico pechado (entre Hermético e Hermenéutico) que conecta co público a través de cámaras en retransmisión streaming. É unha investigación ao mesmo tempo que un resultado. É unha viaxe irreversíbel dende a Inocencia do Tolo  (1ª carta) até o Todo do Mundo (último arcano). É unha máquina de produción desexante, unha programática para corpos sen órganos, contraefectúa a mirada do público sobre o actor, é unha clínica da razón inconsciente e seu plan de consistencia correspondente.

 

Esquizoanálise Tarot é un proxecto de O Teatro Resoante cun espazo sonoro a cargo de Alg-a, producido por Baleiro coa colaboración do Espazo de Danza da USC.

Descargar o folleto en pdf

Esquizoanálise Tarot en vídeo

Outros arquivos

356