• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

IV Encontro Off Economía e Cultura

Onte convocouse na rede a cuarta edición dos Encontros Off. Terá lugar os vindeiros 16 e 17 de febreiro en Baleiro. Nesta ocasión, a comunidade Off fará de espello ao Encontro Internacional de Economía e Cultura que nas mesmas datas terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia.

O IV Encontro Off de Economía e Cultura afronta o reto de pór en cuestión a relación entre Cultura e Empresa, suspendendo toda posible vinculación que non pase a través dunha comunidade ou, mellor aínda, dun procomún que mude os parámetros de produtividade, explotación e eficiencia aos que aínda está sometida esta relación e que imperan no chamado “capitalismo cognitivo”. Economía e Cultura non se vencellan ao marxe das nosas formas de vida, antes ben, a súa relación nun novo ámbito común é se cabe a única saída ou resposta á separación biopolítica á que están forzadas.

Ao longo de dúas xornadas estudaremos a viabilidade doutras economías posibles, o uso de moedas alternativas ou a aplicación de fórmulas cooperativas no ámbito cultural. Haberá oportunidade de coñecer experiencias e iniciativas doutros campos e outros contextos e, coma sempre, un tempo e un espazo para a presentación de proxectos, ideas, etc. aberto a tódolos participantes. Veremos o que ocorre no encontro oficial (vía streaming) e ensaiaremos ademáis, a través dun xogo, a viabilidade dun Fondo de Inversión Cooperativo tomando como exemplo os proxectos que se presenten nas xornadas.

Contacta e participa:

Se estás interesado en participar no encontro escribe un correo-e a encontrosoff@gmail.com indicando: nome, descripción da túa actividade/proxecto e orzamento da mesma se queres participar no xogo de inversión. A convocatoria do IV Encontro Off tamén inclúe a posibilidade de participar na programación lúdica nocturna que terá lugar durante os días 16 e 17 de febreiro entre as 21 e as 23 horas. Se estás interesado en participar cunha pequena actuación ou presentación de espectáculo musical, visual ou escénico podes incluir a túa proposta no teu correo-e de inscripción.

Programa provisional (podedes seguir as actualizacións na wiki do proxecto):

Xoves 16: 10:00 Asamblea organizativa; 10:30 Conexión streaming co Encontro Internacional de Economía e Cultura da Cidade da Cultura: Presentación do informe, Datos da Economía Creativa: Consello da Cultura Galega e Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais); 11:00 Debate; 12:00 Presentación: Moedas alternativas; 13:30 Pausa e comida; 16:00 Presentación da Cooperativa GZ Imaxinaria de produción cultural en Galicia; 18:45 Conexión streaming Encontro Internacional de Economía e Cultura da Cidade da Cultura: Pecha Kucha; 19:30 Presentacións: Outros modelos de organización económica en Galicia; 21:00 Programación lúdica nocturna

Venres 17: 10:00 Asamblea organizativa; 10:30 Xogo participativo: Fondo de inversión para proxectos culturais; 13:30 Pausa e comida; 16:00 Presentacións; Procomún e cooperación. Con invitad@s especiais do encontro oficial; 18:30 Pausa e café; 18:45 Debate, conclusións e toma de decisións sobre as seguintes accións.

438

O IV Encontro Off en imaxes

Os pasados 16 e 17 de febreiro tivo lugar en Baleiro a cuarta edición dos Encontros Off. No sitio do proxecto pódese acceder ao listado de participantes así como aos resumos das presentacións que tiveron lugar neses días. Queremos agradecerlles a súa participación a todas aquelas persoas que, dun xeito ou outro, xa forman parte da comunidade Off.