• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

III Encontro Off Culturgal

Convocamos á Comunidade Off e a todos aqueles que estean interesados a participar no III Encontro Off: Feira Imaxinaria, que con ocasión da celebración do Culturgal 2011 organizaremos os días 1 e 2 de decembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Seguindo a organización espacial, conceptual e programática do Culturgal 2011 o terceiro dos encontros Off estructuraráse en torno ás seguintes seccións: Feira, Foro e Actividades.

Feira: A Feira Imaxinaria ocupará durante a mañá do día 1 de decembro os corredores da Facultade de BBAA. Neste espazo haberá a disposición dos participantes “stands imaxinarios” nos que promocionar, amosar ou intercambiar traballos, propostas ou materiais. Concorrerase aos stands por convocatoria aberta mediante o envío dun mail á dirección encontrosoff@gmail.com no que se indicará o material a exponer e os datos persoais ou colectivos dos expositores.

Foro: O Foro será un espazo de experimentación colectiva no que durante a tarde do día 1 de decembro e o día 2 poderanse intercambiar coñecementos técnicos e teóricos mediante a organización ou a participación en obradoiros, a presentación de traballos e proxectos persoais e a implicación nas mesas de traballo do encontro.

Actividades: Os obradoiros terán unha duración máxima dunha hora e media e programaránse segundo as propostas recibidas no mail encontrosoff@gmail.com ata a data de celebración do Encontro, indicando a materia do obradoiro, as necesidades técnicas e a súa duración; Presentacións: Programaranse quendas de presentacións de traballos creativos, iniciativas e proxectos colectivos ou persoais por desenvolver dunha duración máxima de 20 minutos ás que se concorrerá, tamén, mediante convocatoria aberta enviando un mail a encontrosoff@gmail.com indicando os datos persoais, o tema da presentación e as necesidades técnicas se as houbese; Mesas de traballo: Organizaranse 3 mesas de traballo que continuarán coa construción e desenvolvemento das propostas xurdidas das mesas do I Encontro Off; Banco de recursos: Construción dunha “cousateca” ou relación de recursos materiais a compartir entre os membros da comunidade Off e elaboración dun protocolo de préstamo e seguimento; Action Cover Party Galiza: Edición galega do festival de versións de performances históricas dos anos 60 e 70 que pretende recrear e voltar a dar vida a performances que chegaron ata nós en formato fotográfico ou textual. A edición galega será a que continúe as xa representadas en Tenerife, Manchester e Lanzarote e terá lugar durante o día 2 de decembro na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Para máis información, visita a wiki ou descarga o dosier. Seguimos facendo comunidade!