• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Herrn/Above the tree

Convidámosvos a este doble concerto de Herrn e Above the tree, parella que estará de xira por España durante o mes de abril. Herrn é o proxecto en solitario de Oscar Vilariño, un bo amigo de Baleiro que xa fai uns meses tivemos o placer de escoitar en directo co seu proxecto xunto a Rafael Mallo, Vale Tudo. A ampla traxectoria de Oscar arrinca a comezos de século en bandas como Triquinoise e Devalo, e prosegue na actualidade a través de colaboracións con Esther Williams, Triángulo de Amor Bizarro e o colectivo de improvisación Volonté.

 A música de Herrn desenvolve a idea dun folk minimalista e sobrio que trascende determinados roteiros norteamericanos (Bill Callahan, Will Oldham) para recalar nas carreteiras secundarias de Cospeito. O seu concepto de canción renova o sentido da música tradicional feita en Galicia mediante relatos paisaxísticos dunha crueza netamente atlántica. Deste xeito, o personalísimo Herrn realiza un exercicio de coherencia sorprendente ao adaptar tanto unha letra tradicional dos Apalaches como susurrar ao oído dos Motorhead de "Ace of Spades".

Above the tree é o italiano Marco Bernacchia (M.A.Z.C.A., Gallina, Al:arm!). O proxecto naceu no 2007 coa publicación de blue REVENGE, o seu primeiro longa duración para o selos Polpo.rec e Marinaiogaio. Xa no 2009 edita Minimal love coa colaboración de sete selos independentes (Boring machine, Marinaiogaio, Brigadisco, About a Boy, Untouchable Woman, Swipwreck Records e Stonature Records).

Cunha posta en escena inquietante e misteriosa, a música de Above the tree caracterízase polas súas atmósferas opresivas e repetitivas. Marco recolle o testigo do Nick Drake menos amable e o pasa polo filtro da música concreta e da electro-acústica, xerando así unha sorte de kraut-folk ensoñador e hipnótico que leva a sonoridade da guitarra clásica ata lugares pouco transitados. Os seus concertos son verdadeiras experiencias únicas polo seu libre emprego da voz, do corpo e dos obxectos que ten arredor.

167 Óscar Vilariño e Marco Bernacchia