• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Henritzi/Isohara/Prado

Baleiro volve á colaboración coa Asociación Fase. Nesta ocasión, convidámosvos a un triple concerto a cargo de Michel Henritzi, Shin´ichi Isohara e Miguel Prado. Será a única data en Galicia para escoitar a estes tres improvisadores desfacendo ideas preconcebidas baixo o título April is the cruelest month. Do jazz ao ruído.

Michel Henritzi (Metz, 1959) é unha figura moi activa da experimentación sonora francesa. Director dos selos A Bruit Secret e Turtle´s Dreams, así como colaborador dos magazines Revue&Corrigée e Sound Projector, desde os anos oitenta estivo involucrado en proxectos industriais e ruidistas como NOX e Howlin’ Ghost Proletarians, nos que manipulaba guitarras e cintas magnéticas. Máis tarde, o seu traballo como músico estivo moi ligado aos intimidantes Dustbreeders, unha brutal banda baseada nas posibilidades do feedback como medio de agresión na que tan só se empregaban xiradiscos conectados a altofalantes e misturados coas posibilidades da instalación sonora e da performance. A súa actual faciana en solitario, como sempre nel moi baseada na improvisación, se expresa a través da guitarra eléctrica, amosándonos o seu lado máis introspectivo e melancólico. Ademáis dunha coidada utilización do silencio, a música de Michel Henritzi posúe unha moi intensa pero elegante carga emotiva, ás veces opresiva na súa descrición de paisaxes solitarios e sombríos. Paisaxes que ancoran perfectamente nas fotografías da súa colaboradora habitual Kumiko Marino e a súa serie "Walking in the shadow" (que teremos oportunidade de ver neste concerto). En palabras do artista, o seu temprano interese pola retroalimentación, o errorismo ou a utilización de material de refugallo ven dado pola procura da inconsciencia na creación, a procura dunha pantasma na música que conta historias silenciosas.

Shin´ichi Isohara (Osaka, 1962) vive en Hyogo, Xapón. Aos 12 anos comezou os seus estudos de guitarra e teoría musical. Máis tarde, en 1985, foi un dos derradeiros alumnos de Masayuki Takayanagi, quen deixou unha fonda pegada filosófica na súa música e lle aprendeu a desfacerse dos seus prexuízos musicais. Quizáis, o aspecto máis salientable da música de Isohara: o amplo espectro musical no cal desenvolve a súa actividade, do clásico e popular ao ruidismo e á abstracción. O denominador común na súa traxectoria é o emprego da guitarra improvisada como vehículo para un jazz arriscado e delicado, unha música de potente adscrición visual e distintivo rigor teórico. Na súa serie de 1996 "Existence", Isohara constrúe unha armazón programática que o acompaña desde entón, un manifesto estético que procura un espazo abstracto no que combinar o aural co visual. É de esta actitude experimental que tira un gran interese en colaborar con diversos artistas, ao igual que Michel Henritzi.

Miguel Prado (A Coruña, 1985) é un artista que traballa coa improvisación, o son, o silencio e a performance. Xa é un colaborador habitual de Baleiro, onde compartiu experiencias co percusionista xaponés Sejiro Murayama. A esta colaboración hai que sumar outras moitas con artistas como Mattin, Ryu Hankil, Stephen O ́Malley, Rinji Fukuoka ou o propio Michel Henritzi, nunha fervente actividade que tamén abarca instalacións sonoras, música para cinema, danza e participacións en conferencias e seminarios. Ao mesmo tempo, Prado coordina o selo discográfico Taumaturgia e realiza os programas de diversos concertos de música e performance mediante a Asociación Fase e a produtora Sinsal. O seu traballo trata de poñer en dúbida as nocións de espectáculo e os roles que cada un desenvolvemos dentro del: a autoría, a produción artística e as expectativas creadas ao redor desta. Moi interesado en intervencións anónimas, a súa é unha práctica experimental que busca posibilitar situacións diferentes, de natureza inestable e que non rematen en experiencias controladas. Estas preséntansenos mediante actuacións en directo, discos, composicións ou textos.

181 185 187 178 179 182