• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Estrutura e programa. Roteiro en Estado Crítico

1. MESAS REDONDAS E DEBATES (Casa das Asociacións, antiga estación de ferrocarril de Cornes situada en Conxo).

O primeiro día tratanse os temas ‘como producir cultura nestes tempos de crisis’, tanto dende a posición dos creadores como dende a xestión e difusión cultural. Na segunda sesión ‘como chegamos á xente’, abordarase a visión do crítico e do investigador na sociedade do conocimiento e a responsabilidade en ámbitos educativos e de pedagoxía. No plantexamento destas mesas -dúas cada día- tras unha pequena presentación do moderador, o invitado exporá en non máis de 10 minutos a súa visión do tema, desde a súa experiencia, o seu punto de vista sobre problemas actuais e potencialidades. Logo das intervencións dos invitados, abrirase o debate na mesa e ao público.

2. GABINETE DE CRISE Baleiro –canle de produción de cultura contemporánea-, anexo Facultade de Filoloxía, Av. Castelao, local 4 (CampusNorte), os días 10 e 11 de xuño, de 17 a 21.

A posta en crise de certas estruturas de pensamento, económicas, de organización… é un paso previo imprescindible para á superación de moitas problemáticas que se resisten a desaparecer no ámbito cultural. O gabinete de crise coordinado polos colectivos Baleiro e LIBA será un espazo no que mesturar propostas e solucións creativas con informes de carácter máis oficial sobre o estado da cuestión. Fronte ao formato de presentación de comunicacións que marcará a dinámica das dúas primeiras xornadas, na Casa das Asociacións, o gabinete de crise que terá lugar en Baleiro consistirá en sesións de traballo a porta pechada (a modo de obradoiro). Os interesados rexistraranse como membros dunha especie de comisión de especialistas encargada de elaborar documentos ou accións que ilustren ou incidan nos problemas tratados os días anteriores. Algunhas das propostas saídas deste gabinete se coordinarán coa xornada de estampación en directo.

3. BANK OF FICTIONS (Do Paraná, Espazo Serigráfico, Ulla 25, baixo, Pontepedriña)

A idea non é nova nin orixinal… o aburrimento tampouco é novidade. Producirase una xornada de estampación en directo có obxectivo de instalar a necesidade de recreación na produccion cultural. Apostando pola ironía e certa demanda de reflexión sobre a tan ‘mediatizada’ crise, fomentarase a creación de novos e activos espectadores, permitindo que o público poida constituirse en ‘coautor’ das obras e superando as barreiras impostas pola autoridade da obra artística. O evento é definido como unha situación, é dicir, un momento da vida construído concreta e deliberadamente para a organización colectiva dun ambiente unitario e dun xogo de acontecementos. Para crear esta situación, catro artistas imprimirán con técnicas serigráficas, linóleo e xilografía (no material que achegue o público, como teas, camisetas, cartolinas, fotos, etc.) algúns eslóganes e imaxes en cor surxidos das reflexions das xornadas e outros de creación colectiva. As obras impresas, pasibles de ser definidas en termos estéticos como ‘détournements’ poderán ser retiradas polo público ao finalizar o Roteiro de Creación.

 

PROGRAMA ROTEIRO EN ESTADO CRÍTICO

MESAS REDONDAS E DEBATES NA CASA DAS ASOCIACIÓNS
LUNS 8 DE XUÑO

17.00 MESA 1 COMO PRODUCIR CULTURA? QUE FACER, NESTES TEMPOS DE CRISE?
A POSICIÓN DOS CREADORES

SUSO FANDIÑO (artista)
RENATA OTERO (artista)
JOSÉ ANDRÉS SANTIAGO (artista e investigador predoctoral, docente na facultade de Belas Artes de Pontevedra)
MARIANO CASAS GIL (pintor, ilustrador, videocreador, representante do Hartismo)

MODERA: MIGUEL ANXO RODRIGUEZ

19.00 MESA 2 COMO PRODUCIR CULTURA? QUE FACER, NESTES TEMPOS DE CRISE? XESTIÓN E DIFUSIÓN CULTURAL

MANUEL GAGO (profesor de CC. Comunicación e blogger)
CHIU LONGINA (Antropólogo e Artista Sonoro)
MONTSE CEA (crítica e directora adxunta Fundación Granell)
REPRESENTANTE DE ESTALEIRO (editorial)

MODERA: TEÓFILA NOEMI RUIZ

MARTES 9 DE XUÑO

17.00 MESA 3 COMO CHEGAMOS Á XENTE? O INVESTIGADOR/CRÍTICO NA SOCIEDADE DO COÑECEMENTO
PEDRO DE LLANO (crítico de arte e comisario)
MARTÍN R. CAEIRO (artista plástico, músico, escritor e investigador, Universidade de Vigo)
RUBÉN RAMOS BALSA (artista)
MAR CALDAS (artista e crítica de arte)

MODERA: MIGUEL ANXO RODRIGUEZ

19.00 MESA 4 COMO CHEGAMOS Á XENTE? ÁMBITOS EDUCATIVOS E DE PEDAGOXÍA

SILVIA GARCÍA (artista e profesora de Belas Artes)
CHUS AGRA (profesora de CC. Educación, pedagoxía da arte)
XOSÉ BALLESTEROS (Director KALANDRAKA)

MODERA: TEÓFILA NOEMI RUIZ

“GABINETE DE CRISE” SESIONS DE TRABALLO en BALEIRO

MÉRCORES 10 DE XUÑO

17.00
GABINETE DE CRISE. 1ª SESIÓN
COORDINADO POR Baleiro –canle de produción-

Sesións de traballo e análise das cuestións saídas das xornadas de debate. Grupo de traballo cun número limitado de persoas, para a elaboración dun documento sobre produción e difusión cultural.
Inscricions: info@baleiro.org / teléfono: 680 135 439

XOVES 11 DE XUÑO

17.00
GABINETE DE CRISE. 2ª SESIÓN

COORDINADO POR LIBA. Sesións de traballo e análise das cuestións saídas das xornadas de
debate.Grupo de traballo cun número limitado de persoas, para a elaboración dun documento sobre
producción e difusión cultural.
Inscricions: practicaartistica@gmail.comwww.libacolectivo.org


XORNADA RECREATIVA DE ESTAMPACION EN DIRECTO EN DO PARANA, Espazo
Serigráfico

SABADO 13 DE XUÑO
18.00 A 21.00

XORNADAS DE ESTAMPACION EN DIRECTO
Marga Crespo (escultora e gravadora) e as serígrafas Elena Gómez Orosa, Nanda Cavaleiro e Teófila
Noemi Ruiz.
www.laterceraorilla.com

ROTEIRO EN ESTADO CRÍTICO

é unha proposta de cooperación entre a secretaría de LCA Laboratorio de Colaboración Artística, impulsora do proxecto, o Profesor Miguel Anxo Rodríguez González do Departamento de Historia da Arte da USC, o equipo de xestión e produción de Baleiro–Canle de produción e LIBA Colectivo (Laboratorio de Investigación en BBAA), vinculado á Universidade de Vigo.