• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Dialéctica da improvisación

Dende o Festival Fase de Música Improvisada e Baleiro queremos convidarvos á presentación de Dialéctica da improvisación, un obradoiro de experimentación sonora dirixido a todas aquelas persoas que independentemente dos seus coñecementos musicais, esteades interesadas en compartir experiencias creativas con nós. A presentación dos coordinadores do obradoiro, Roberto Mallo e Miguel Prado, terá lugar o vindeiro Sábado 30 de Maio ás 20:30 en Baleiro. Inmediatamente despois, poderemos disfrutar dun concerto especial de Seijiro Murayama Miguel Prado.

Cada sesión do obradoiro estará estruturada en dúas partes. Na primeira, faremos unha aproximación a algúns dos autores e textos máis significativos da improvisación contemporánea (John Cage, Cornelius Cardew , Edwin Prévost). Proporemos a búsqueda desas ideas non relacionadas directamente coa música, imprescindibles para obter unha visión ben ampla do que supón experimentar co son na contemporaneidade. Na segunda, formaremos de xeito progresivo un colectivo de improvisadores mediante o traballo en grupo. Poderanse intercambiar técnicas de expresión sonora, experimentaremos cos métodos tradicionais de interpretación e procuraremos novos xeitos de utilizar un instrumento, incluso construíndo outros novos. Son suficientes as ferramentas que temos preto de nós a cotío para poder improvisar e aprender: obxectos sonoros caseiros, dispositivos electrónicos e software libre.

O obradoiro terá lugar quincenalmente en Baleiro (Facultade de Filoloxía da USC), onde contaremos cun equipo comunitario de amplificación e mezcla. Convidámosvos a achegar os vosos instrumentos, obxectos, micros, portátiles e calquera outro materlal que estimedes oportuno empregar nas sesións. A inscripción no obradoiro é de balde. Tan só tedes que deixar unha dirección de correo-e no taboleiro da asociación ou escribirnos a info@baleiro.orgRoberto Mallo e Miguel Prado son unha parella de improvisadores residentes en A Coruña. O seu traballo trata de abordar unha lectura crítica do contexto sociopolítico a través da música experimental e a improvisación. Coordinan o Festival Fase de Música Improvisada na Fundación Luis Seoane de A Coruña e organizan numerosos concertos por toda Galicia. Editan dende o seu selo discográfico Taumaturgia.

164 Fotografías: Rafael Mallo163 162