• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Ciclo de cinema Maio 08

O ciclo de cinema Maio’08 quere achegarse ás experiencias cinematográficas que arrodean os sucesos de Maio de 1968, non só para achar a representación documental dun momento determinado, senón polo que ten este cinema de cuestionamento dos modelos de representación dominantes. Un cinema, por tanto, que chega a nós como pregunta aberta sobre o presente, e que ten a virtude de facer as cuestións pertinentes sobre as súas formas de intervención na realidade tanto como no imaxinario, cuestións que, segundo a nosa opinión, convén facer presentes aquí e agora.

O ciclo está pensado para contar con catro sesións, que se distribúen na seguinte orde: Luns 2 de xuño: “À bientôt, j’espère”, Chris Marker e Mario Marret, Franza, 1968, 45m. “La révolution nèst qu’un début. Continuons le combat”, Pierre Clémenti, Franza, 1968, 25m. Martes 3 de xuño: “El grito”, Leonardo López Aretche, México, 1968, 100m.  Mércores 4 de xuño: “Un film comme les autres”, Jean-Luc Godard, Franza, 1968, 100m. Xoves 5 de xuño: “In girus imus nocte et consumimur igni”, Guy Debord, Franza, 1978, 95m. Cada sesión comportará presentación e debate posterior á proxección. Coa colaboración do Cineclube de Compostela.

303