• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Carlos Suárez

O vindeiro xoves 24 de febreiro ás 21:00 teremos en Baleiro ao etnomusicólogo Carlos Suárez presentando Sapere Aude. Neste concerto utilizaranse como materia prima paisaxes sonoras en perigo de extinción gravadas en Venezuela e Galicia durante 15 anos. Estes sons foron procesados e reconfigurados para establecer un discurso sonoro que servirá de base á execución en directo de son procesado no ordenador. O concerto reflexiona en torno ao proceso de desintegración da diversidade cultural e biolóxica en moitas zonas do planeta, as súas consecuencia s sobre o progreso humano e as causas que o motivan. Expón a contraposición entre a dialéctica da multiplicidade das ideoloxías sonoras e os dogmas inamovibles da sociedade de consumo.

Sobre Carlos Suárez Sánchez:

Compositor e etnomusicólogo galego (Ourense, 1966), emigra cos seus pais a Venezuela en 1967 e retorna a Galicia en 2003. Mestre compositor polo Conservatorio Superior de Música Simón Bolívar de Caracas (especialidade electroacústica). Etnomusicólogo polo Instituto Universitario de Estudos Musicais de Caracas. Creou máis de 40 obras acústicas e electroacústicas. As súas viaxes de investigación por Venezuela e o caribe inícianse en 1989, principalmente ás áreas culturais afroamericana e indíxena no Amazonas, onde realiza gravacións e estudos sobre música e paisaxes sonoras. Ten transcrito máis de 36.000 compases de música tradicional de todo o mundo. Traballou como investigador para FUNDEF “Fundación de etnomusicología e folklore”, e para FINIDE “Fundación internacional de etnomusicología” durante 10 anos. No ano 2006 gaña en Venezuela o premio nacional de cultura polo seu libro “Los chimbángueles de San Benito”. No ano 2003 retorna a Galicia, comezando os seus estudos da paisaxe sonora galega co colectivo escoitar.org. Realizou máis de 60 concertos, presentando as súas composicións en: Brasil, Colombia, Perú, Venezuela (FLM, TTC), Chile (Ai-Maako, Tsonami.cl), Arxentina (Tsonami, CCE), Uruguai (CCE), Portugal (Binauralmedia, Miso Music, FuturePlace), Italia (Emufest), Francia (Festival de Bourges, Elektrophonie), Alemaña (Centro Cervantes) México (Foro Mundial de Ecoloxía Acústica, CCE) USA (Experimedia, Flamingo Festival) e España (VigoTransforma, MARCO, In-Sonora, MACUF, Arteleku, SONAR, Telenoika, JIEM, Experimentaclub, Larraskito, Zeppelín, LaboralGijón).

Referencias sonoras:

Metáforas do tempo en Alg-a Netlabel, Alegorías del poder en Larraskito Netlabel, Resonancias Ontolóxicas en Alg-a Netlabel

Proxectos en rede: 

www.escoitar.org, www.mediateletipos.net, www.artesonoro.org, www.sinsalaudio.org

376 Cartaz do concerto377 378