• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Arte+Espazo público

Arte+Espazo público é un proxecto organizado polo Consello da Cultura Galega, Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas e coordinado por María Luísa Sobrino que reflexiona sobre a relación que se establece entre arte e espazo público como unha das máis importantes da creación contemporánea. A súa conexión e vinculación directa cos estratos políticos e sociais, así como urbanísticos e económicos, seguen a presentar unha ampla e complexa posición de conflito que precisa constantemente de novas estratexias de análise. Unha década despois da edición do informe A arte nos espazos públicos, publicado polo Consello da Cultura Galega no ano 2000, fíxose necesario realizar unha contextualización e debate desta problemática, xa que tanto as numerosas investigacións, experiencias e programas de arte pública, como as novas orientacións de tendencias da creación actual cara ao territorio, converten en necesaria a súa discusión nun proceso aberto de actualización e estudo.

Desde esta perspectiva presentouse o proxecto Arte + espazo público, unhas xornadas de traballo sucesivas ao longo do ano 2009, cun programa mensual que consta dunha conferencia e unha posterior mesa de debate, xerando unha expectativa de continuidade do proxecto e potenciando a construción procesual da súa análise. Nestas xornadas pretendeuse establecer unha visión ampla e pluriperspectiva dos aspectos derivados do diálogo entre arte e espazo público, para ofrecer un lugar de debate —o Consello da Cultura Galega— onde confrontar diversas opinións dos diferentes axentes implicados, desde responsables de programas, da historia da arte, da crítica, do comisariado, do urbanismo ou da xeografía, ata o público cidadán. A intención do proxecto foi xerar un programa onde a participación dunha serie de profesionais de ámbito internacional se complementara con axentes do ámbito galego, coa finalidade de redactar e publicar un informe final sobre a situación actual da arte nos espazos públicos, e máis concretamente, no contexto galego.

A participación de Baleiro centrouse na realización dunha serie de seis curtas documentais específicas, pensadas para cada unha das sesións de traballo. Nelas, faise un percorrido polos barrios da cidade de Santiago de Compostela onde están a ter lugar debates ou conflitos entre arte e espacios públicos. A través de entrevistas aos veciños, traballadores e diversas persoas involucradas nestes procesos, tentouse trasladar as diferentes recepcións desta relación controvertida que non sempre chegan a ser escoitadas nos foros especializados. Así mesmo, participamos na redacción do que será o segundo informe sobre este tema editado polo Consello da Cultura Galega. Nel realízase unha aproximación comparativa ás diversas aportacións dos especialistas convidados, con especial atención ao caso galego. A edición do informe incluirá un DVD co documental Arte + Espazo público. Pódese descargar o informe aquí.

168 169 170 Fotogramas extraídos do documental Arte + Espazo Público

Informe

"Tal vez nesa profunda contradición en que vivimos inmersos, dunha paisaxe illada, idealizada e institucionalizada, case que deshumanizada por non experimentada, atopemos a noción clave á hora de falarmos de espazo público en Galicia: a reflexión no espazo e no tempo da memoria sobre cales deben ser as nosas novas condicións civilizatorias. A este respecto, e como vemos ao longo deste informe, todos os relatores participantes nas palestras sinalan nalgún momento das súas intervencións como a paisaxe e o territorio (consciente ou inconscientemente) evidencian os procesos neutralizadores e homoxeneizadores exercidos polo poder.

Documental

Este documental foi realizado a partir da serie de reportaxes producidas para as Xornadas Internacionais Arte+Espazo Público, que tiveron lugar entre abril e decembro do 2009 na sede do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Este traballo inclúe un compoñente imprescindible na análise, manifestado a través do conxunto de reflexións críticas, entrevistas e comentarios de diferentes protagonistas que habitan a cidade, co pano de fondo de diversas áreas ou zonas urbanas galegas, en concreto da cidade de Santiago de Compostela, onde se desenvolveron estas xornadas. Voces e opinións que definen esas zonas periféricas, zonas en construción, zonas limítrofes ou zonas de tránsito que nos falan e fan reflexionar sobre a verdadeira importancia da planificación, dos procesos de participación cidadá, da ordenación e do proxecto nos diferentes plans de urbanización.