• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Acción de baixa intensidade I

Acción de baixa intensidade I é unha intervención realizada a cabalo entre Santiago de Compostela e A Coruña en outubro de 2009 para a exposición Outonarte 09: Irmos de escaparates. Dita mostra colectiva foi a segunda edición dunha proposta anual da Concellaría de Cultura de A Coruña. Nesta ocasión, o comisario Nilo Casares propuxo o amplo contexto da cidade e da arte urbana como fío argumental da exposición.

 O espazo expositivo -o Pazo da Cultura Salvador de Madariaga- é un edificio da céntrica Rúa Durán Loriga, tamén coñecida polos coruñeses como Wall Street pola concentración de sedes bancarias que se da nesa zona. Alberga, ademáis da sala de exposicións, a sede do Centro Galego de Artes da Imaxe, o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, o Arquivo Histórico Municipal e a Biblioteca Municipal Infantil-Xuvenil do Concello. Xunto co edificio, a peza é unha reflexión sobre  o concepto de arquivo e as profundas contradicións que se dan na súa natureza tanto pública como privada. Está formada por follas de directorios telefónicos (preto de trescentos) arrincadas dos seus lomos. Parte delas foron recollidas porta a porta (seguindo o mesmo método polo que son distribuídas) e outras pertencen a stocks atrasados de empresas que imprimen ou distribúen guías.

Na mesma rúa onde tivo lugar a exposición e tres portais máis adiante, tomamos as seguintes fotografías, determinantes á hora de comprendermos a natureza da nosa proposta: un veciño sae do seu portal e dase conta de que están a repartir as novas guías telefónicas do 2010. Un ano máis, chega o outono, e con el as novas páxinas brancas, amarelas, cudecús e cupóns de desconto para pizzas a domicilio. Pero este veciño, coma nos, probablemente non recorda se hai que devolvelas a cambio das novas, gardalas no armariño da entrada ou mandalas a reciclar. É o ciclo anual que se da na vida do directorio telefónico e no que estabamos inmersos naquel preciso momento. Un ciclo, por outra banda, agónico, xa que se trata dunha tecnoloxía en crecente desuso (os teléfonos móbiles e internet produciron nas telecomunicacións un forte proceso de deslocalización e despersonalización, que choca frontalmente coa antiga identificación nome-enderezo-número de contacto das guías en papel). Polo tanto, vemos na de guía de teléfonos un produto vencellado á sociedade predixital, fortemente relacionado coa estrutura familiar tradicional e ata fai relativamente pouco en España, un documento de carácter social, compartido e unitario, xa que cando Telefónica era a única operadora de telefonía do país podiamos falar dun arquivo telefónico único.

340 341 Texto do catálogo Outonarte 09. Irmos de escaparates  por Anxela Caramés.                                      

Víctor E. Pérez e Daniel López Abel habitualmente traballan a partir da noción de cultura de baixa intensidade. Esta alude a determinadas estratexias artísticas que, de xeito sutil pero non continuado, provocan leves alteracións na cotidianeidade; serían como resistencias culturais que, aínda participando da dinámicas institucionais, evitan ser lexitimadas.

Para esta acción de baixa intensidade, recompilaron guías de teléfonos, como as usadas pola veciñanza dos barrios de Monte Alto (A Coruña) e Fontiñas (Santiago de Compostela), obtidas indo casa por casa, nunha actitude case performativa, ou as defectuosas e procedentes de diferentes países, doadas polas empresas que as fabrican e distribúen. As follas foron separadas e apiladas, para formar unha escultura composta por varios bloques de papel, debido a que lles interesaba mostrar a acumulación de datos xerados pola inabarcable tarefa de tratar de catalogar aos cidadáns.

As guías telefónicas serven para exemplificar as interaccións que se dan entre o público e o privado, posto que estes arquivos, paradoxicamente, poden ser utilizados por calquera, tanto en domicilios particulares coma en locais comerciais e locutorios. os prefixos, os números, os enderezos funcionan como organizadores da poboación. Porén, a rede telefónica é global e trascende esas fronteiras, sobre todo na actual sociedade dixital, na que a deslocalización provocada por internet e os móbiles xera novos modos de se relacionar.

443 446 445 444

447 Imaxes da exposición448