#Redada en Baleiro
#Redada Santiago de Compostela 1: Cultura e creación na era dixital.
Data e Hora: 09.03.2012 de 19:30h a 21.00h - en Baleiro. Entrada libre ata completar aforo. MapsHashtag: #redada
Qué son as #Redadas?:
Los encuentros #redada se iniciaron en noviembre de 2010 en Madrid para ayudar a entender los cambios que las nuevas tecnologías están produciendo en la sociedad. Estos cambios no son visibles para todo el mundo y no suelen tener presencia en medios de comunicación tradicionales hasta que el cambio es evidente. De esta forma, #redada es una ventana donde explicar, aprender y debatir tendencias sociales y aspectos relacionados con la cultura, los derechos civiles y la tecnología.
Podes ler máis sobre #redada, aquí.
IV Encontro Off Economía e Cultura
Onte convocouse na rede a cuarta edición dos Encontros Off. Terá lugar os vindeiros 16 e 17 de febreiro en Baleiro. Nesta ocasión, a comunidade Off fará de espello ao Encontro Internacional de Economía e Cultura que nas mesmas datas terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia.
III Encontro Off Culturgal
Convocamos á Comunidade Off e a todos aqueles que estean interesados a participar no III Encontro Off: Feira Imaxinaria, que con ocasión da celebración do Culturgal 2011 organizaremos os días 1 e 2 de decembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Seguindo a organización espacial, conceptual e programática do Culturgal 2011 o terceiro dos encontros Off estructuraráse en torno ás seguintes seccións: Feira, Foro e Actividades.
A voltas co espazo público
Xa se pode descargar da Mediateca do Consello da Cultura Galega o Informe Arte+Espazo público. Neste volume, recompílanse as reflexións dos participantes nas xornadas Arte+Espazo público (Simón Marchán Fiz, Sophie Hope, Nelson Brissac, Rogelio López Cuenca, Javier Tudela, Xosé Manuel Rosales e Pablo Gallego Picard) e inclúense novos artigos a cargo de Camilo Franco, Antón Patiño e Carme Nogueira. A edición tamén inclúe unha reportaxe audiovisual sobre os barrios de Santiago de Compostela, as súas características espaciais e os seus conflitos sociais.
I Encontro Off Cultura de Cidade
En paralelo ao I Encontro de artistas novos Cidade da Cultura. Diálogo construtivo sobre arte contemporánea, que mediante lista pechada se celebrará en Santiago de Compostela do 4 ao 9 de setembro na Cidade da Cultura, o I Encontro Off de creadores novos Cultura de Cidade ofrecerá en Baleiro un espazo aos creadores locais, nacionais e internacionais para manter unhas xornadas de traballo e reflexión aberta sobre a arte, a cultura contemporánea e as súas problemáticas. Así, este espazo común convertirase nunha posibilidade de intercambio e debate sobre aspectos esenciais da creación artística e a súa proxección no mundo real mediante a construción crítica, colectiva e profesional dunha política cultural posible.
MDMME
Ignacio Muñoz compaxina a súa actividade performática (concertos de electrónica e piano en tempo real) con varias liñas de investigación relacionadas co son, o espazo público e o territorio. É un membro moi activo da escena experimental sonora galega e forma parte da comunidade de arte e acción libre Alg-a, a Orquestra de Música Espontánea OMEGA ou o proxecto pedagóxico Orquestra 3xploratoria, entre outros.
Alexander Bruck/Miguel A. García
Gostamos de convidarvos ao concerto que Alexander Bruck e Miguel A. García darán o xoves 24 de marzo ás 21:00 en Baleiro. A actividade musical de Alexander Bruck (México/Alemania, 1975) atópase entre a tradición e a búsqueda de horizontes radicalmente novos, transitando entre a música de concerto dos séculos pasados, o rock, o free jazz, o noise e terreos colindantes coa arte sonora.
En estado crítico. Sobre políticas e economías da Arte no eixe noroeste
O vindeiro xoves 17 de marzo Baleiro acolle a presentación do libro En estado crítico. Sobre políticas e economías da Arte no eixe noroeste, editado por LIBA e que xorde a raíz das xornadas Roteiro en estado crítico, celebradas en Maio de 2009. Nelas debateuse sobre políticas e economías da arte no eixe noroeste e máis polo miúdo sobre a situación galega. Na publicación participan José Andrés Santiago Iglesias, José María Durán Medraño, Miguel Anxo Rodríguez, Beli Martínez Martínez, María Magán, Ania González Castiñeiras, Martín Caeiro, María Marco, Joan Morera Arbones, Mar Caldas, Renata Outeiro e Andrea Jambrina.
O IV Encontro Off en imaxes
Os pasados 16 e 17 de febreiro tivo lugar en Baleiro a cuarta edición dos Encontros Off. No sitio do proxecto pódese acceder ao listado de participantes así como aos resumos das presentacións que tiveron lugar neses días. Queremos agradecerlles a súa participación a todas aquelas persoas que, dun xeito ou outro, xa forman parte da comunidade Off.
II Encontro Off Foro Internacional de Espazos para a Cultura
Continuando co xeito de facer do I Encontro Off de artistas novos da Cidade da Cultura, o vindeiro martes 8 de novembro convocamos a un visionado público e debate do I Foro Internacional de Espazos para a Cultura (FIEC), que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela entre os días 8 e 10 de novembro. Como proposta de traballo que xa quedara plantexada nas sesións do primeiro encontro, trataremos a construcción colectiva dun mapa físico e dixital de relacións de poder do sector cultural en Galicia. Para elaborar este mapa de poder, comezaremos a debuxar as relacións persoais e profesionais dos principais axentes culturais, empresariais e insitucionais cos que estamos en relación, incluíndonos a nós mesmos e as nosas relacións e posicións de poder.
As posibilidades do alternativo. Reflexións desde a Academia
As posibilidades do alternativo. Reflexións desde a Academia por Daniel López Abel e Víctor E. Pérez
O pasado 26 de maio tivo lugar na biblioteca do Centro Galego de Arte Contemporánea un seminario promovido polo proxecto de investigación Canais Alternativos de Creación Experimental. O Eixo Atlántico 1975-2010, da Universidade de Santiago de Compostela. Entre os convidados atopábanse algúns dos persoeiros máis destacados da teoría e a produción artística española. Como puidemos comprobar ese día, a Academia mobilízase á busca da enésima reformulación do alternativo no mundo da creación contemporánea.
Artropocode Meeting. 15/16/17 de xullo
Arduino, Openframeworks, processing, visuais, música experimental, puredata, obradoiros, mesas de produción continua, jams, perfomances... Arte dixital e software libre!
En coordinación con Olholivre (GZ) e Audiencia zero (PT) e coa colaboración de Factoría Compostela, a Ghentalla do Pichel e a Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC.
Mallo/Lana/Orza
A noite do pasado xoves 24 de marzo tiñamos programado un concerto de Alexander Bruck e Miguel A. García. Lamentablemente, esa mesma tarde un burato na estrada deixoulles sen dúas rodas preto de Ponferrada. Finalmente, ás 24:00, chegaron a Compostela. Entre os convidados, Roberto Mallo, Joaquín Lana e Pablo Orza, que se prestaron a botar unha man e tomaron o relevo de Alexander e Miguel para levar a cabo dúas improvisacións. Desde aquí queremos agradecerlles aos cinco o seu esforzo nunha noite que, malia todo, resultou ben.
A situación dos medios escritos en galego
O vindeiro martes 22 de marzo ás 18:00 Baleiro acolle a mesa redonda A situación dos medios escritos en galego. Análise e perspectivas, organizada polo Centro de Estudios y Análisis Social de Galicia coa participación do Prof. Dr. Luís Álvarez Pousa, Manuel Rivas García, o Prof. Dr. Juan Luís Pintos de Cea-Naharro e o Dr. Juan R. Coca. Agardamos a vosa presenza.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
